Star Wars Jedi: Survivor adía 6 semanas o seu lanzamento

martes, 31 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Pese a que a páxina web oficial de Star Wars Jedi: Survivor, secuela de Star Wars Jedi: Fallen Order, continúa a dicir que o xogo chegará a PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 o vindeiro 17 de marzo, o xogo de Electronic Arts convértese nun dos primeiros do ano en adiar o seu lanzamento, xa que veñen de anunciar dende Respawn Entertainment que, pese a que a nova aventura de Cal Kestis está completa, precisa de máis tempo para mellorar o seu rendemento e a súa estabilidade, así como para corrixir algúns fallos e, en definitiva, mellorar a experiencia de usuario.
Para poder garantir que Star Wars Jedi: Survivor cumpre cos estándares de calidade de Respawn, decidiron adiar o seu lanzamento 6 semanas, polo que a nova data de lanzamento global será o 28 de abril.
Neste momento Star Wars Jedi: Fallen Order está dispoñible en Xbox Game Pass Ultimate, PlayStation Plus e EA Play, polo que hai moitos xogadores que están a introducirse nesta aventura, o que confíase en que incremente considerablemente o interese pola secuela, e probablemente unha espera un pouco máis longa non prexudicará ao interese polo novo xogo.

PUBLICIDADE