Square Enix oferta o seu terceiro Humble Bundle
mércores, 23 de decembro do 2015
Durante un par de semanas Square Enix celebra a súa terceira
colaboración co Humble Bundle,
ofrecendo un completo lote de videoxogos para achegar cartos a entidades
benéficas (Make-A-Wish e GamesAid), e que achega os xogos Last Remnant, Life Is Strange Episode 1,
Murdered: Soul Suspect,
Tomb Raider I, II e III por achegas de a
partires de 1 dólar.
As persoas que paguen máis da media (5,12 dólares no momento de escribir estas
liñas) recibirán un completÃsimo conxunto de xogos, que van dende os modestos Gyromancer, Yosumin! e Front Mission Evolved, até
os reputados Final Fantasy XIV: A Realm
Reborn, Just Couse e Just Couse 2, aos que se engadirán
máis xogos a semana que vén.
Pero a guinda chega para os que fagan un pagamento de a partires de 8,99
dólares, xa que desbloqueará o acceso a Lara Croft & the Temple of
Osiris, a edición
Xogo do Ano de Tomb Raider e a edición elite de Hitman Absolution. Temos asà que por
menos de 9 dólares pódense adquirir xogos por valor de 205 dólares.
AÃnda que a meirande parte dos xogos só están dispoñibles para Windows a través
de Steam, no caso de Tomb Raider e Hitman Absolution tamén pode gozarse dos
mesmos en Mac.
- Final Fantasy XIV: A Realm Reborn está incluÃdo neste lote de xogos