Square Enix desenvolverá un xogo dos Vingadores
xoves, 26 de xaneiro do 2017
Marvel Entertainment e Square Enix anunciaron hoxe un
acordo de licenzamento multianual para desenvolver e publicar xogos orixinais baseados
nos superheroes do Universo Marvel, comezando polos Vingadores (The Avengers), que protagonizarán a
primeira superprodución dentro desta alianza, que promete ter un nivel pouco
habitual nos xogos de superheroes, xa que correrá da man de Crystal Dynamics
(responsables da actual saga de Tomb
Raider) en colaboración con Eidos-Montréal (estudio detrás da saga de Deus Ex).
O proxecto dos Vingadores está a deseñarse pensando en xogadores de todo o
mundo, e incluirá os personaxes, contornos e momentos icónicos cos que os
seareiros da franquÃa están familiarizados, aÃnda que teremos unha historia totalmente
orixinal, para que os xogadores poidan participar en eventos que aÃnda están
por chegar.
Ao parecer o froito do acordo farase agardar, xa que non está previsto que dean
detalles sobre o proxecto e o resto de xogos que desenvolverán ao abeiro do
acordo até o ano que vén.
Dende a Marvel, Jay Ong asegurou que «o proxecto dos Vingadores é o exemplo
perfecto de como Marvel está a facer dos xogos unha parte clave do seu panorama
narrativo, xunto cos cómics, a televisión e o cine. Para facer iso só podiamos
cruzar os nosos maiores superheroes cos mellores desenvolvedores do mundo, como
as mentes creativas de Square Enix».
Teaser do futuro xogo dos Vingadores