Square Enix anuncia o seu novo xogo para PSP

xoves, 1 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Square Enix anuncia que o seu xogo LORD of ARCANA, chegará ás PSP europeas en breve, e será un impactante xogo de acción exclusivo para a portátil de Sony ambientado no mundo de Horodyn, onde os xogadores deberán meterse na pel de guerreiros para facerse co poder de Arcana, e que incluso gozará dun modo multi-xogador Ad hoc para 4 participantes que poderán colaborar para enfrontarse aos monstros e batallas máis difíciles.
O xogo conta cuns gráficos que aproveitan ao máximo a PSP, os deseños dos monstros son obra de ilustradores de sona mundial, os guerreiros serán únicos grazas á creación e personalización de armas e armaduras, a variedade de misións garanten horas de diversión tanto en partidas individuais coma cooperativas e incluso contará con contido adicional para xogar novas misións.

O deseño dos personaxes de LORD of ARCANA está moi coidado