Spotify supera os 750 millóns de usuarios mensuais
martes, 10 de febreiro do 2026
Spotify alcanzou un novo máximo histórico ao superar por primeira vez os 750 millóns de usuarios activos mensuais. En concreto, a plataforma de audio pechou o cuarto trimestre de 2025 con 751 millóns de usuarios, o que supón un incremento interanual do 11 % e un forte avance fronte aos 713 millóns rexistrados no trimestre anterior.
Os resultados financeiros publicados hoxe tamén reflicten unha evolución positiva no negocio de subscrición. O número de usuarios Premium medrou un 10 % respecto ao ano anterior, ata situarse nos 290 millóns. Europa continúa a ser o principal mercado da compañÃa sueca neste segmento, concentrando o 36 % dos subscritores de pago, seguida de América do Norte, cun 25 %.
A empresa atribúe este crecemento sostido a varios factores, entre eles a aposta pola innovación tecnolóxica e pola intelixencia artificial. O coCEO de Spotify, Gustav Söderström, asegurou que a compañÃa se ve a si mesma como «o departamento de I+D da industria musical», cun papel clave á hora de comprender rapidamente as novas tecnoloxÃas e aproveitar o seu potencial. Segundo explicou, o actual cambio de paradigma arredor da IA beneficiará a todo o sector, aÃnda que considera que as empresas que actúen con maior rapidez serán as máis favorecidas. A finais de 2025, Spotify xa anunciara a súa intención de reducir contidos xerados por IA de baixa calidade e priorizar ferramentas de intelixencia artificial centradas nos artistas, aÃnda que sen concretar medidas especÃficas.
O exercicio pechouse tamén cun balance financeiro sólido. Os ingresos totais do cuarto trimestre ascenderon a 4.500 millóns de euros, un 13 % máis en termos interanuais a moeda constante. A marxe bruta mellorou ata o 33,1 %, mentres que o beneficio operativo alcanzou os 701 millóns de euros. Segundo a compañÃa, este perÃodo foi o que rexistrou o maior incremento neto de usuarios mensuais da súa historia.
Desde a dirección, Daniel Ek, fundador e presidente executivo, destacou que Spotify xa non é só unha plataforma musical, senón unha infraestrutura tecnolóxica para o audio e, cada vez máis, para todas as formas nas que os creadores se relacionan coas súas audiencias. Pola súa banda, Alex Norström, tamén coCEO, sinalou que 2025 foi o «ano da execución acelerada» e que 2026 será concibido internamente como o «ano de elevar a ambición».
Outro dos fitos do exercicio foi o éxito da última edición de Spotify Wrapped. A campaña de balance anual acadou máis de 300 millóns de usuarios implicados e xerou máis de 630 millóns de compartidos en redes sociais, en 56 linguas, converténdose, segundo a compañÃa, na máis grande ata o de agora.
Ao longo de 2025, Spotify asegura ter pagado máis de 11.000 millóns de dólares á industria musical, a maior cifra anual abonada por un distribuidor dixital, coa metade das regalÃas destinadas a artistas e selos independentes. Ademais, a plataforma continúa a expandir o seu ecosistema máis alá da música, con avances en podcasts, audiolibros e vÃdeo, reforzando a súa estratexia de diversificación e crecemento global.
