Spotify homenaxea ao desaparecido WinAmp co reprodutor Spotiamp

luns, 23 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O pasado día 20 foi a data de pasamento fixada para WinAmp e os seus servizos asociados, e para os nostálxicos dende Spotify decidiron render tributo ao popular reprodutor multimedia estreando a aplicación Spotiamp, que é unha aplicación que imita a aparencia do WinAmp, pero que reproduce contidos de Spotify a través de streaming, para o que é preciso gozar dunha conta Premium do servizo musical.
Spotiamp está dispoñible para Windows e facilita o acceso ás listaxes de reprodución dos usuarios de Spotify Premium, mantendo a aparencia clásica de WinAmp e integrando tanto un servidor de Shoutcast (para poder transmitir as nosas reproducións a través da Rede a equipos e dispositivos compatibles con tal tecnoloxía) como o soporte de plugins de visualización (que tanta sona tiñan en WinAmp, creando efectos en función da música reproducida).

PUBLICIDADE