Splinter Cell: Blacklist incluirá un avión teledirixido na súa edición para coleccionistas
luns, 28 de xaneiro do 2013
Os xogos de alto presuposto chegan moitas veces con
espectaculares edicións dirixidas a coleccionistas que compiten cada ano para
gañar a atención do público, e parece que este ano vai ser o xogo Splinter Cell: Blacklist o tÃtulo que
vai levar o gato á auga coa súa edición limitada Paladin Multi-Mission Aircraft Edition que aparte do agardado xogo
baseado na franquÃa creada por Tom Clancy, incluirá un comic (Tom Clancy’s Splinter Cell: Echoes), un poster, un mapa cooperativo exclusivo,
un lote de contidos descargables adicionais e, como detalle máis
representativo, un avión teledirixido Paladin C-147B. O
prezo desta impresionante edición será de 169,99 dólares nos EE.UU. e
chegará o 20 de agosto para Xbox 360 e PlayStation 3 (o xogo para PC non gozará
desta coidada edición especial), aÃnda que en Europa teremos que agardar un par
de dÃas máis para ver o xogo e non sabemos se poderemos contar con esta mesma
edición ou unha semellante.
Aparte deste xogo de Splinter Cell, a
franquÃa ten actualmente en desenvolvemento unha pelÃcula cinematográfica que
poderÃa estar protagonizada por Tom Hardy, polo que é moi posible que as
aventuras de Sam Fisher cobren relevancia nos vindeiros meses.
- A edición para coleccionistas do xogo incluirá un avión teledirixido