Spin Master chega a PS4 e Xbox One

xoves, 14 de setembro do 2017 Marcus Fernández

O xogo de acción con desprazamento lateral co que Data East arrasou en máquinas recreativas en 1993, Spin Master, protagonizado polo aventureiro Johnny e o seu amigo Tom, nunha aventura para rescatar á súa amada e recuperar o mapa do tesouro roubado polo científico tolo Dr. De Playne derrotando a numerosos inimigos cunha grande variedade de armas (comezando un ioió), está de volta dentro da serie ACA NEOGEO, o que supón que agora pode xogarse en consola actuais coa súa aparencia orixinal.
Deste xeito podemos xa mercar ACA NEOGEO SPIN MASTER para Xbox One e PlayStation 4 a un prezo de 6,99 euros, versións que permite cambiar entre varias configuracións, de xeito que o xogador pode optar por reproducir a atmosfera da pantalla das máquinas recreativas, así como axustar o nivel de dificultade. Tamén é posible que os xogadores compartan as súas mellores puntuacións en taboleiros en liña.
Unha magnífica oportunidade para lembrar todo un clásico que tiña un curioso erro: a historia bota a andar en Madrid porque os creadores localizaron a España en América.

PUBLICIDADE