Spike TV recoñece a The Walking Dead como o xogo do ano
luns, 10 de decembro do 2012- Samuel L. Jackson foi o mestre de cerimonias da gala
Na
madrugada entre o sábado e o domingo os seareiros aos videoxogos de boa parte
do mundo puideron seguir por televisión e en directo a través de streaming a entrega dos Video Game Awards da canle televisiva
Spike, un espectáculo conducido polo actor Samuel L. Jackson, que contou
coa presenza de numerosas celebridades e que serviu tanto para presentar novos vÃdeos
de futuros lanzamentos do sector do lecer electrónico como para recoñecer a
algúns dos xogos máis importantes do presente ano, resultando como grande
gañador The Walking Dead, que fÃxose cos galardóns
ao mellor xogo do ano, a mellor actriz feminina, a mellor adaptación e o mellor
xogo descagable, sendo recoñecido tamén o seu estudio, Telltale Games, como o
mellor do ano, un trunfo claramente asociado á boa aceptación que ten a serie
de televisión baseada na mesma obra (o cómic de Robert Kirkman) e a
profundidade desta aventura interactiva.
- Os actores da serie de televisión de The Walking Dead estiveron presentes na gala dos VGA 2012
Como estamos ante a 10º edición destes premios, tamén se recoñeceu a Half-Life 2 como o mellor xogo da
década, e separando por plataformas teriamos que Journey, Halo 4, New Super Mario Bros. U e X-Com: Enemy Unknown serÃan os mellores
xogos do ano para PS3, Xbox 360, Wii/Wii U e PC respectivamente. Precisamente
entre os mencionados destacou Journey,
tÃtulo exclusivo de PS3 que tamén foi recoñecido como o mellor xogo
independente do ano e o que conta coa mellor banda sonora e a mellor canción.
Entre a listaxe
de gañadores dos VGA 2012 figuran tamén Borderlands
2 como mellor shooter, Mass Effect 3 como mellor xogo de rol, Dishonored como mellor xogo de
acción-aventura, Need for Speed: Most
Wanted como mellor xogo de velocidade, NBA
2K13 como mellor xogo de deporte de equipo, SSX como mellor xogo de deporte individual e Persona 4 Arena como mellor xogo de loita.
VÃdeo cos momentos máis destacables da gala