Spider-Man Unlimited</Em> chegará a dispositivos móbiles en setembro

venres, 6 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Poderemos ver ata 23 traxes distintos de Spider-Man neste novo título de Gameloft

Gameloft adiantou hoxe que na feira E3 vai presentar un novo xogo de Spider-Man titulado Spider-Man Unlimited, que resulta bastante curioso, por ser moi diferente aos anteriores xogos do trepamuros, xa será un típico runner con gráficos en tres dimensións aos que aplican cel shading para darlles estética de banda deseñada, enriquecido con combates contra moitos dos grandes inimigos do home araña.
Spider-Man Unlimited chegará a iOS, Android e Windows Phone no mes de setembro, e conta unha historia na que os Seis Sinistros abren unha fenda dimensional, o que permitirá que versións de Spider-Man de distintas épocas e dimensións se xunten para derrotar a ameaza, polo que podermos ver até 23 versións de Spider-Man con diferentes traxes, instando ao xogador ao descubrilos todos.
Entre os inimigos a derrotar veremos ao Green Goblin (Trasno Verde), o Voitre ou Electro, que tamén estarán presentes en variacións dimensionais, polo que pode entenderse que os seareiros das aventuras de Spider-Man son os que máis gozarán deste xogo ao poder recoñecer as numerosas versións dos personaxes que aparecerán nesta aventura con estética de cómic.

O xogo introduce a súa historia a través dunha especie de cómic animado
O xogo será un runner con aparencia de cómic


Trailer de presentación de Spider-Man Unlimited

PUBLICIDADE