Spec Ops: The Line</Em> estrea trailer en español

luns, 16 de abril do 2012 Marcus Fernández

O xogo desenvolverase nunha hipotética Dubai devastada por unha tormenta de area

O vindeiro 29 de xuño chegará ás tendas o xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC Spec Ops: The Line, creado por YAGER para 2K Games, e que toma como escenario de guerra á cidade de Dubai tras unha tormenta de area que a devastou e na que un pelotón de recoñecemento de Delta Force deberá infiltrarse para atopar superviventes e solicitar evacuación por radio, aínda que atopan un escenario moito máis violento do agardado. O equipo comandado polo capitán Martin Walker deberá atopar ao desaparecido coronel John Konrad neste escenario bélico no que ten lugar este shooter en terceira persoa tinguido con compoñentes tácticos. O terreo tamén xogará un papel importante nesta aventura, posto que as tormentas de area o modificarán de xeito dinámico.
Para coñecer con máis profundidade o que ofrecerá este título temos un novo trailer en español do mesmo, que promete acción e espectacularidade a partes iguais:

O que parecía unha simple misión de rescate convértese nun auténtico escenario de guerra

PUBLICIDADE