Soul Calibur estréase en Google Play

mércores, 27 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun ano os usuarios de dispositivos con iOS recibiron na App Store o xogo Soul Calibur, título de loita que causara furor en salóns recreativos e entre usuarios da consola Dreamcast, e agora que esta última consola está a cumprir 15 anos, chega Soul Calibur a Google Play, facilitando que os usuarios de Android poidan gozar deste grande xogo de loita que ata o 5 de decembro poderá adquirirse polo prezo promocional de 4,92 euros.
O xogo adaptou o seu control para a pantalla táctil dos trebellos móbiles de AppleEstamos ante unha descarga de 213 Mbytes, deixando claro que pese a estarmos ante un xogo con certa idade, goza dun grande nivel gráfico en completos personaxes e areas de combate. Conta con distintos modos de xogo (arcade, time attack, supervivencia, supervivencia extra, museo e práctica), un cadro de 19 loitadores con todos os seus movementos orixinais recreados e un control virtual afinado para xogos deste xénero.

PUBLICIDADE