Soul Calibur IV permitirá editar os personaxes do xogo
luns, 23 de xuño do 2008
- Dous loitadores personalizados enfrontándose en Soul Calibur IV
Soul Calibur IV non
quere destacar só por incorporar a personaxes de Star Wars nesta nova entrega, senón que tamén busca engadir
caracterÃsticas que agradezan os seus seguidores máis fieis, e aparte do feito
de que as roupas e armaduras dos personaxes poidan sufrir danos, agora
sorprenden coa posibilidade de personalizar a aparencia dos personaxes dun
xeito inédito nesta popular saga de loita.
Dende Kotaku presentan unha galerÃa de modificación un tanto ridÃculas coas que
poderiamos manexar a unha rapaza
vestida de vaqueira, a un samurai
negro co pelo ao afro, unha moza
disfrazada en plan pirata, roupa cun certo
aquel a Naruto, guerreiras
con orellas de gato, samurais
con cornos, e moitas outras variantes que engadirán diversidade ao
xogo que deberÃa chegar ás tendas o 31 de xulo.
- No Xapón apostan polos personaxes de Star Wars para promocionar o novo xogo de loita
No
Xapón tamén lanzan Soul Calibur IV o 31 de xullo a un prezo de venda de 7.800 iens (uns 46,8
euros) e para resultar máis rechamante nas súas portadas para PS3 e Xbox 360
presenta aos personaxes de Darth Vader e Ioda respectivamente (enfrontándose a
outros personaxes tradicionais da saga, coma Mitsurigi e Ivy).
Esta aposta promocional se está a ver mal por parte de certos xogadores que
pensan que os novos personaxes poderÃan desvirtuar a saga, pero para os
xogadores máis casuais a sona de Star
Wars poderÃa ser o elemento que os levase a adquirir este novo tÃtulo que
promete acadar un rotundo éxito en vendas.