Sotheby’s ofrece en poxa unha máquina Enigma

mércores, 15 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Nos últimos meses, grazas ao filme The Imitation Game, a máquina Enigma, todo un fito na historia do cifrado, conseguiu recuperar o interese do público, de aí que vexamos como unha das poucas unidades que se conservan de máquinas Enigma aparece en Sotheby’s, casa de poxas que espera vendela por entre 50.00 e 70.000 libras esterlinas (70.580 – 98.812 euros) lembrando que a última vez que se puxo á venda un produto semellante a poxa rematou en 149.000 libras (210.329 euros).
Na poxa ofrécese unha máquina Enigma completa con tres rotores, montada nunha caixa de madeira de 33 x 28 e 15 centímetros, e atópase nun estado bastante bo se temos en conta que se trata dun trebello de 1943 que pode enmarcarse tanto como unha peza dun museo de historia, un recordo da Alemaña nazi ou unha figura chave da historia da informática moderna.

A máquina ofrécese cos seus tres rotores

PUBLICIDADE