Sony supera o millón de consolas PSP vendidas en España

xoves, 7 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A consola portátil de Sony, a PSP, tras desembarcar en España en setembro do pasado ano, acadou un éxito moi importante, de xeito que en pouco máis dun ano superou xa o millón de unidades vendidas (e superando os 23 millóns de unidades a nivel mundial).
Dende Sony afirman que ningunha outra consola acadara tales resultados en tan pouco tempo, e tamén sosteñen que contan cunha cota de mercado próxima ó 60% en valor (o que serían máis do 40% das unidades), algo que podería ser un discurso excesivamente positivista, xa que a resposta tanto local coma global da PSP se veu eclipsada pola Nintendo DS (que conta cunha cota de mercado do 58%).
De tódolos xeitos, a PSP está a ter uns resultados moi positivos, grazas en boa medida pola súa aposta multimedia, xa que aparte de para xogar, a consola portátil de Sony permite a reprodución de música, películas, aplicacións en liña, conexións Wi-Fi... ou sexa, que é para os que lle piden á súa consola algo máis que videoxogos.A consola portátil de Sony, a PSP, tras desembarcar en España en setembro do pasado ano, acadou un éxito moi importante, de xeito que en pouco máis dun ano superou xa o millón de unidades vendidas (e superando os 23 millóns de unidades a nivel mundial).
Dende Sony afirman que ningunha outra consola acadara tales resultados en tan pouco tempo, e tamén sosteñen que contan cunha cota de mercado próxima ó 60% en valor (o que serían máis do 40% das unidades), algo que podería ser un discurso excesivamente positivista, xa que a resposta tanto local coma global da PSP se veu eclipsada pola Nintendo DS (que conta cunha cota de mercado do 58%).
De tódolos xeitos, a PSP está a ter uns resultados moi positivos, grazas en boa medida pola súa aposta multimedia, xa que aparte de para xogar, a consola portátil de Sony permite a reprodución de música, películas, aplicacións en liña, conexións Wi-Fi... ou sexa, que é para os que lle piden á súa consola algo máis que videoxogos.
A forza dos videoxogos para PSP nace en boa medida da adaptación de títulos que tamén existían en plataformas domésticas, polo que tanto Tekken coma o Grand Theft Auto, pasando polo FIFA ou o MotoGP contaron con versións para a PSP, o que arrastrou a moitos consumidores a esta consola para a que tamén lanzaron un novo formato de películas, o UMD, que conta cos principais títulos cinematográficos do mercado, a prezos cada vez máis populares.
Todo isto fixo posible que superasen o millón de vendas dunha consola que permite suxeitar entre as mans un novo xeito de consumo multimedia ó que parece que o público se está afacendo.

PUBLICIDADE