Sony rebaixa a PS3 ata os 399 euros impedÃndolle o uso de xogos para PS2
luns, 8 de outubro do 2007
Pese a que dende Sony anunciaran que non tiñan
pensado reducir o prezo das consolas PlayStation 3 en Europa, parece que os
malos resultados da consola de nova xeración da empresa nipona (que non é quen
de coller o relevo da PS2, que aÃnda a supera en vendas, tanto de consolas coma
de xogos) forzou á empresa a cambiar de estratexia e o
vindeiro mércores reducirá os prezos das PS3 en España, aÃnda que dun
recorte de prestacións da consola que pode non ser tan ben recibido polos
consumidores.
AsÃ, o Starter Pack que inclúe unha
PS3 cun disco duro de 60 Gb, dous mandos Sixaxis e dous xogos pasará a custar
499 euros, pero o modelo con disco duro de 40 Gb custará 399 euros en boa
medida por ser unha versión reducida da consola, que non só prescinde do lector
de tarxetas de memoria (o que molestará a quen queira usala coma reprodutor
multimedia doméstico), pasa de 4
a 2 portos USB e deixa de soportar a
retrocompatibilidade que permitÃa ós usuarios da PS3 o uso de xogos das
consolas anteriores (PlayStation e PS2).
Sony
xustifica esta última medida afirmando que o incremento de tÃtulos para PS3 fai
que a retrocompatibilidade non sexa unha caracterÃstica requirida polos compradores,
pero moitos se levarán toda unha sorpresa ó ver que coa PS3 non poden xogar ós
tÃtulos que xa teñen no seu fogar. Tamén podemos apuntar que este tipo de
medidas se producen no mercado europeo, onde este factor xa era crÃtico, de
xeito que as versións PAL da PS3 reproducÃan os xogos vellos mediante emulación
software mentres que as versións NTSC (para EE.UU. e Xapón) facÃan o propio por
hardware, o que melloraba as prestacións e a compatibilidade.