Sony propón pulseiras smart para reloxos ordinarios

venres, 2 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Compañías como Kairos, Montblanc ou Wearatec teñen proposto accesorios para a correa de reloxos que os dotan de características propias dun smartwatch, e agora temos a Sony apuntando tamén nesta mesma dirección coa Sony Wena 3 Smart Band, que ten o formato de correa de reloxo tradicional, de xeito que permite gozar de prestacións smart con case calquera reloxo de pulso, por contar cun enganche estándar.
Aínda que Sony permitirá a compra destas correas cunha serie de caixas, o elemento importante é a correa, na que temos unha pantalla táctil con deseño curvo, que integra tamén acelerómetro e pulsímetro, para poder funcionar como unha pulseira de monitorización de actividade, que parte dun prezo de 24.000 iens (195 euros), mudando os prezos en función dos materiais e deseños das correas, que estarán dispoñibles en silicona, coiro e metal.
Este curioso accesorio permite recibir notificacións do móbil, medir os pasos que damos, monitorizar a novas frecuencia cardíaca, controlar o sono e, como factor diferencial, tamén integra micrófono para poder dar ordes a través do asistente de voz Alexa, o que pode resultar práctico para consultar as condicións meteorolóxicas mediante a voz ou incluso controlar a nosa domótica dun xeito cómodo.

PUBLICIDADE