Sony presenta un par de obxectivos con pantalla OLED integrada

mércores, 22 de abril do 2015 Marcus Fernández

Sony sorprendeu presentando os novos obxectivos ZEISS Batis 2/2 e 1 8/85, que serían os primeiros obxectivos full-frame con enfoque automático en integrar unha pequena pantalla OLED levando ás cámaras da familia Sony α a unha nova era. A pequena pantalla integrada amosaría a distancia focal e a profundidade de campo, o que resultaría de utilidade na composición de imaxes creativas, o que supón unha curiosa innovación.
Os obxectivos ZEISS Batis sairán á venda no mes de xullo en lonxitude focal de retrato e grande angular, completando a actual gama de obxectivos. O ZEISS Batis 2/25 conta con 10 elementos en oito grupos e combina un moderado ángulo de imaxe de 82 graos cunha distancia de enfoque mínima de 0,2 metros, conseguindo un obxectivo ideal para a fotografía de edificios e paisaxes. O ZEISS Batis 1.8/85 pola súa banda é un teleobxectivo moderado, de 11 elementos en 8 grupos, considerado como unha boa opción para fotografías de casamentos e retratos.


small>Vídeo promocional dos novos obxectivos Sony ZEISS Batis

PUBLICIDADE