Sony presenta un lector das veas das mans

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os controis biométricos con cada vez máis populares para identificar aos usuarios ante sistemas informatizados, e Sony presenta un dispositivo que pretende contribuír a mellorar os niveis de seguridade, o FVA-U1, máis coñecido coma Mofiria, que é un pequeno escáner das veas do dedos das mans que mide 70 x 14,5 x 58 milímetros, pesa 33 gramos e conéctase ao PC a través de USB.
O trebello sairá á venda no Xapón o vindeiro día 18 e permite a creación de distintos perfís de usuario, polo que poderá empregarse para identificarse para acceder a dispositivos ou ficheiros en concretos, cun nivel de seguridade bastante elevado.

Os usuarios poderán identificarse grazas á sinatura que supón a posición das veas nos dedos das mans

PUBLICIDADE