Sony permite alugar servidores dedicados para o xogo Battlefield 3
martes, 27 de marzo do 2012
Os afeccionados aos shooters
en liña que teñan unha PlayStation 3 estarán encantados de saber de que Sony
ábrelles unha nova posibilidade para competir cos seus amigos no xogo Battlefield 3 grazas ao novo
servizo de aluguer de servidores dedicados, de xeito que pode fixarse un campo de batalla, os participantes e as
regras de xogo por uns prezos bastante axustados:
1,49 euros por 1 dÃa, 6,99 euros por 7 dÃas, 24,99 euros por 30 dÃas e 59,99
euros por 90 dÃas.
Esperan que a demanda do novo servizo sexa elevada, polo que é posible que nos
primeiros dÃas sexa difÃcil contar con servidores dispoñibles (procurarán
escalar o sistema á demanda), pois contar cun xogo en liña de calidade e coa
liberdade de fixar se permitirmos o fogo amigo, os mapas nos que combater, a
posibilidade de gozar de rexeneración de saúde ou o grupo de usuarios que pode
participar nos combates resulta moi atractivo para os usuarios máis
competitivos.