Sony integra proxector de vídeo en varias das súas cámaras Handycam

xoves, 13 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Os pico-proxectores de vídeo os uns accesorios que hai poucos anos non podiamos nin soñar, pero agora os fabricantes buscan integralos nos seus dispositivos coma signo diferenciador, o que incluso se atreve a facer Sony coas súas cámaras Handycam PJ50, PJ30 e PJ10, capaces de proxectar vídeo e imaxes ata un tamaño de 60 polgadas a 6 metros de distancia.
O modelo máis avanzado sería o HDR-PJ50V, con pantalla LCD de 3 polgadas cun disco duro de 220 Gb (soportando tamén tarxetas de memoria Memory Stick Pro Duo, SD e SDHC), mentres que os seus irmáns menores (HDR-PJ30VE e HDR-PJ10E) contan con memorias flash de 32 e 16 Gb respectivamente. As 3 cámaras comparten características coma o modo iAUTO (que facilita a optimización de valores de gravación), zoom óptico de 12x,rendemento de angular mellorado, son envolvente 5.1, USB, toma de fotografías a 7,1 Mpíxeles e gravación en alta definición (1080p a 50 cadros por segundo). Os seus prezos serían de 1.150, 1.000 e 650 euros, aínda que non chegarán ás tendas ata o mes de xuño.

As novas cámaras de Sony serán capaces de proxectar unha imaxe de ata 60 polgadas a 6 metros

PUBLICIDADE