Sony entrará no mercado dos drons
luns, 9 de novembro do 2020
Nun momento no que DJI domina de xeito claro o mercado dos
drons a nivel mundial, facendo que os principais fabricantes europeos e estadounidenses
teñan serios problemas de viabilidade económica e quedasen case sen nichos de
mercado nos que establecerse, Sony sorprende anunciando o proxecto Airpeak, co que
queren entrar no mercado dos drons, pero cun acento especial nas robótica
baseada en intelixencia artificial.
A marca Airpeak quere achegar valor ao mercado dos drons contribuÃndo coa súa
experiencia nas tecnoloxÃas dos sensores e da imaxe, asà como nas tecnoloxÃas
3R (realidade, tempo real e control remoto).
O novo proxecto de Sony quere axudar aos creadores de vÃdeo a levar a súa creatividade
o máis lonxe posible, asà como tamén quere achegarse a outras industrias nas
que serÃa posible mellorar a eficiencia e reducir custos. Airpeak tamén
pretende levar drons a contornos nas que antes non era posible por problemas de
seguridade e fiabilidade.
Polo momento estamos só ante unha declaración de intencións, estando previsto o
lanzamento do proxecto na primavera de 2021.