Sony encolle o seu Z1 e sube ao carro dos monitores de actividade
martes, 7 de xaneiro do 2014
Sony aproveitou o CES de Las Vegas para revisar o seu
smartphone insignia, vendo a luz o Sony
Xperia Z1 compact, revisión do célebre Z1 que optar por unha pantalla de
4,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles (en vez das 5 polgadas
cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles do terminal de referencia). O novo
dispositivo chegará en catro cores (branco, negro, rosa e verde), continúa a
apostar pola resistencia á auga e ao po como factor diferencial, mantén a súa
excelente cámara cun sensor Expor RS de 20,7 MpÃxeles, conta con NFC para
facilitar o emparellamento con accesorios e incluso presume dunha magnÃfica
autonomÃa grazas a unha baterÃa de 2.300 mAh (que pode chegar a triplicar a súa
duración grazas ao modo STAMINA).
Outras caracterÃsticas técnicas a destacar serÃan o seu procesador de catro
núcleos a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD) e Android 4.3. O seu grosor é de só 9,5 milÃmetros e
pesa 137 gramos.
VÃdeo promocional do Sony XPERIA Z1 compact
Sony SmartWear
Pero Sony non só quere que levemos sempre enriba o noso smartphone, senón
que tamén quere sumarse á moda dos cuantificadores
de actividade, no que dan en chamar SmartWear, e que
comeza cun accesorio que podemos levar no pulso e que rexistra a nosa
actividade fÃsica diaria para que poidamos revisala dende unha aplicación para
Android (Lifelog) que facilita o repaso das nosas camiñadas, dos paseos en
bicicleta ou mesmo das nosas pautas de sono.
A Sony SmartBand SWR10 é o primeiro SmartWear de Sony, e está composto por unha
peza central desmontable e unha correa cómoda e elegante, da que existen numerosas
cores, facilitando a súa personalización. Conta con indicadores LED para saber cando
está activo, pode sincronizarse co noso smartphone e incluso pode realizar
funcións de control multimedia (reproducir, pausar e saltar canción) mentres
escoitamos música dende o móbil.
VÃdeo de presentación da Sony SmartBand SWR10