Sony detalla as especificacións do Xperia Z4

luns, 20 de abril do 2015 Marcus Fernández

Sony prepara o lanzamento do seu Xperia Z4 no Xapón para o vindeiro verán, e anuncia xa as características deste novo smartphone, sen detallar cando o veremos en Europa e deixando claro que estamos ante un produto bastante continuista, de xeito que as súas principais melloras serían unha actualización do seu procesador por un modelo máis actual e un importante salto na súa cámara frontal, que agora é de 5,1 Mpíxeles con grande angular e sensor Exmor R, buscando así ser un magnífico dispositivo para as cada vez máis populares auto-fotos.
O Sony Xperia 4 contaría cunha pantalla de 5,2 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 64 bits e 8 núcleos, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámara traseira de 20,7 Mpíxeles con sensor Exmor RS e gravación de vídeo 4K, cámara frontal de 5,1 Mpíxeles e grande angular, batería de 2.930 mAh e un grosor de só 6,9 milímetros. Funcionará con Android 5.0 e conservará o característico marco de metal e a resistencia ao po e á auga propia da súa gama de terminais.

PUBLICIDADE