Sony considera que a PS4 vendeu 117 millóns de unidades na súa vida

xoves, 11 de agosto do 2022 Marcus Fernández

O último informe financeiro de Sony, no apartado relativo aos videoxogos, sorprendeu o rexistrar o número de unidades vendidas de PlayStation 5 deixando totalmente de lado a PlayStation 4 a nivel de hardware, ou sexa, que aínda que as vendas de xogos de PS4 continúan a ser moi boa, as consolas de vella xeración terían caído tanto en vendas que xa poderían deixar de medirse, polo que podemos tomar como oficial o dato de máis de 117 millóns de consolas PS4 vendidas até o 31 de marzo de 2022, de xeito que esta consola quedaría como a segunda de sobremesa máis vendida da compañía, moi por detrás dos máis de 155 millóns de PS2 rexistradas até 2012.
Até o 31 de marzo de 2022 estiman que venderon máis de 19,3 millóns de unidades de PS5, polo que podemos entender que as consolas de nova xeración van ter serios problemas para chegar ao nivel de xeracións anteriores, non por falta de interese, senón por falta de unidades nas tendas.
Sobre a PS4 cómpre salientar que a nivel estatístico vai quedar nunha situación lixeiramente peor do que podería pensarse, xa que prevese que en poucos meses a supere en vendas a Nintendo Switch, que incluso superará á Game Boy en vendas, aínda que resultaralle complicado chegar aos volumes de vendas da Nintendo DS (154 millóns) ou da PS2.

PUBLICIDADE