Sony anuncia os xogos de PS Plus para o mes de setembro

luns, 24 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Sony anuncia hoxe o conxunto de xogos que o 1 de setembro pasarán a estar dispoñibles para os subscritores de PlayStation Plus, apostando unha vez máis por títulos independentes de moi pouco peso, coa excepción de Twisted Metal para PlayStation 3, xogo de vehículos e destrución que chegou á PS3 hai tres anos e que actualmente véndese a un prezo de 14,99 euros.
Atendendo á votación dos subscritores de PS Plus, o principal xogo que chegará o vindeiro mes á PlayStation 4, estreándose directamente como xogo de Plus, será Grow Home, un título que métenos no rol do droide botánico BUD, que ten como misión intercagláctica atopar unha nova especie de flora que axude a osixenar o seu planeta natal. Unha aventura de plataformas cunha aparencia bastante atractiva.
Outro xogo para PS4, que tamén poderán instalar os usuarios de PS Vita) será Super Time Force Ultra, que é un xogo de acción bastante tolo, no que pódense contornar até 19 personaxes diferentes. Non estamos ante un xogo que destaque graficamente, aspecto no que está moito máis coidado Teslagrad, xogo dispoñible para usuarios de PS4 e PS3, que vén a ser un xogo de plataformas e quebracabezas na que as forzas electromagnéticas xoga un papel chave para descubrir os segredos agochados na Torre Tesla.
Os usuarios de PS Vita poderán facerse con La-Mulana EX, unha aventura de desprazamento lateral tipo Metroidvania que explorar unhas ruínas na procura de valiosos tesouros, enfrontándose a monstros, atopando pistas, fabricando trampas e incluso derrotando a xigantescos inimigos finais. Un xogo que claramente adorarán os amentes dos títulos da vella escola.
E para concluír os xogos de setembro dentro do programa PlayStation Plus temos Xeodrifter, xogo dispoñible para PS4 e PS Plus, que aínda é máis retro que o anterior, ofrecendo unha experiencia de acción pixelada cun astronauta que tras unha avaría da súa nave debe visitar catro planetas coa esperanza de poder reparar o seu medio de transporte.
Complétase así outro mes que non pasará a historia de PS Plus, dando a impresión de que a selección de xogos que ofrecerá Sony non mellorará até as proximidades do Nadal.

Vídeo no que presentan os xogos que estarán dispoñibles para os subscritores de PS Plus no mes de setembro

PUBLICIDADE