Sony amosa os seus lentes de realidade aumentada no MWC

martes, 25 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Google non é a única compañía que está a traballar en lentes de realidade aumentada, e Sony aproveitou a súa presenza no Mobile World Congress (MWC) para amosar un prototipo das Sony SmartEyeglass, que optan por un formato binocular, integra distintos sensores (acelerómetro, xiroscopio, compás dixital e brillo), cámara, micrófono, Bluetooth 3.0 e Wi-Fi N e proxecta sobre os lentes unha imaxe monocromática (verde) con notificacións e información instantánea.
Para amosar o potencial desta solución de Sony publicaron un vídeo no que vemos como esta solución pode guiarnos nun aeroporto, aínda que tamén podemos empregar os lentes para ler mensaxes de texto, recibir avisos de chamadas perdidas ou disparar fotografías dalgo que consideremos de interese.
Para funcionar, os lentes conta cun controlador separado cun touchpad e neste momento atópanse traballando nun SDK para poder experimentar con este produto cunha serie de socios de Sony, asegurando que o desenvolvemento para este produto é moi semellante ao do Sony SmartWatch 2, aínda que polo momento non teñen un calendario fixado para o lanzamento deste produto nin do seu SDK para o público.


Vídeo de demostración das Sony SmartEyeglass

PUBLICIDADE