Sony Ericsson presenta un sistema de mans libres con radio

mércores, 4 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O Sony Ericsson MW600 é un novo mans libres sen fíos Bluetooth que sorprende agradablemente ao integrar unha sintonizadora de radio FM con RDS e unha pantalla OLED. Deste xeito, os auriculares que serven para falar por teléfono tamén poderán recibir emisións de radio de xeito autónomo e con alta calidade, dando unha versatilidade maior ao dispositivo.
O MW600 tamén conta con control táctil, alerta de batería baixa a través do teléfono, soporte de marcación por voz, son estéreo, información da música reproducida a través de Bluetooth, cancelación de eco e incluso conector para auriculares estándar.


Presentación en vídeo do novo sistema de mans libres

PUBLICIDADE