Sony Ericsson actualiza os seus móbiles mini
xoves, 5 de maio do 2011
Os móbiles con Android
de Sony Ericsson están a ser un éxito, especialmente nos seus modelos de menor
tamaño, e agora renóvanos de xeito que veñen de dar a coñecer o que serán o Sony
Ericsson Xperia Mini e Xperia
Mini Pro, que sitúanse na gama media de móbiles con Android (pola súa
pantalla de reducido tamaño e contar cun procesador dun único núcleo) e diferéncianse
principalmente porque o modelo Pro
conta cun teclado fÃsico QWERTY deslizante.
Ambos móbiles funcionan cun procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz, 512 Gb de
RAM, pantalla de 3 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles, baterÃa de
1.200 mAh, cámara de 5 MpÃxeles con flash LED e gravación de vÃdeo en alta
definición (o modelo Pro tamén conta
cunha cámara frontal VGA para videochamadas) e lector de tarxetas microSD de
ata 32 Gb (incluirán unha de 2 Gb). Funcionan cunha versión de Android 2.3
personalizada por Sony Ericsson, optimizada para a súa integración con redes
sociais.
Ambos
modelos chegarán ao mercado no terceiro trimestre do ano e o Mini medirá 88
x 52 x 16 milÃmetros, pesará 94 gramos e venderase en negro, branco e azul; mentres que o Mini Pro medirá 92 x 53 x 18
milÃmetros, pesará 136 gramos e venderase en branco, negro, turquesa e rosa.
- O Xperia Mini Pro destaca polo seu teclado QWERTY