Sony Ericsson XPERIA X8, un móbil con Android de tamaño medio

martes, 15 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Sony Ericsson está a apostar con bastante decisión por Android coma sistema operativo para os seus móbiles de alta gama, pero detectou que entre os seus terminais XPERIA X10 e XPERIA Mini existía un espazo para un terminal intermedio, que nos últimos días coñecíase polo alcume de Shakira (¿quizais anticipo dunha promoción personalizada coa imaxe da cantante, incluíndo cancións precargadas?), e finalmente confírmase que estamos ante o Sony Ericsson XPERIA X8, un móbil con pantalla de 3 polgadas (ou sexa, a medio camiño entre as 2,55 polgadas do Mini e as 4 polgadas do X10), sistema operativo Android 1.6 (é de agardar que os XPERIA actualicen o seu Android a finais de ano) e as aplicacións TimeScape e MediaScape que melloran considerablemente a experiencia de uso no tocante á súa integración con redes sociais e para o consumo multimedia.

PUBLICIDADE