Sonos presenta os seus primeiros auriculares sen fÃos
martes, 21 de maio do 2024
O fabricante de altofalantes sen fÃos de alta gama de referencia no mercado, Sonos, estréase no mercado dos auriculares sen fÃos, no que semella unha resposta aos AirPods Max de Apple, os Sonos Ace, que poranse á venda o vindeiro 5 de xuño a un prezo de 499 euros, o que semella unha opción máis económica e versátil que a de Apple, prometendo igualmente un dispositivo elegante, cómodo e con grande calidade de reprodución sonora.
Os Sonos Ace integran altofalantes dinámicos de 40 milÃmetros, 8 micrófonos para unha captación da voz en chamadas, soportan audio espacial, poden reproducir son sen perda mediante Bluetooth e USB-C, inclúen cancelación de ruÃdo activa, son compatibles coa función de seguimento dinámico de cabeza de Dolby, teñen ecualización regulable e tamén conta con funcións especiais orientadas aos usuarios que xa teñen no seu fogar outros equipos de Sonos.
As diferenzas con respecto aos auriculares de Apple (cos que teñen unha innegable semellanza a nivel de deseño) son destacables, xa que os novos auriculares teñen un peso de 312 gramos (fronte aos 384,8 gramos dos AirPods Max) e poden funcionar con cable (sendo compatibles con fontes analóxicas mediante un adaptador). Están pensados para funcionar ben tanto con dispositivos de Apple como con Android, a súa autonomÃa é de até 30 horas de reprodución musical (podendo operar até 3 horas seguidas tras só 3 minutos de carga) e a súa conectividade sen fÃos realÃzase a través de Bluetooth 5.4.
Falamos duns auriculares pensados para escoitar música e contidos audiovisuais, que contan con conectividade multipunto para poder xestionar dous dispositivos á vez (e asà non perder unha chamada telefónica mentres estamos vendo unha pelÃcula) e destaca por permitir o intercambio de son con barras de son da súa marca (facilitando asà trasladar a experiencia audiovisual aos auriculares cando non se desexa molestar a outras persoas no fogar).
Un produto especialmente interesante para os que xa están dentro do ecosistema de Sonos, e que buscan produtos premium, no que a calidade dos materiais e o deseño teñan un grande peso.