Sonic estrea un xogo de correr para dispositivos móbiles

xoves, 7 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O ourizo azul de SEGA estreou hai pouco para dispositivos móbiles o xogo Sonic Jump, que adoptaba unha mecánica de xogo propia de títulos como Doodle Jump e Abduction, o que podía decepcionar aos afeccionados á velocidade propia de Sonic, que poden verse compensados hoxe co lanzamento de Sonic Dash, título que xa está dispoñible para iOS por 1,79 euros que opta por seguir os pasos de éxitos como Temple Run, mecánica que acae moi ben á mascota de SEGA, tendo que deslizar o dedo pola pantalla para que o ourizo sortee distintos osbtáculos mentres corre a toda velocidade por impresionantes escenarios tridimensionais.
Este xogo desenvolvido por Hardlight Studios (responsables do mencionado Sonic Jump, co que comparte moitos elementos gráficos na súa interface de usuario) permite utilizar a diferentes personaxes (Sonic, Tails, Knuckles e Amy) con poderes que facilitan a superación de obstáculos e derrota de inimigos, desbloquear potenciadores e desafiar a amigos a superar as nosas marcas. E, por suposto, podendo recoller aneis durante o proceso, para manter o xogo fiel ás clásicas aventuras de Sonic.


Trailer do novo xogo de Hardlight Studios para SEGA

PUBLICIDADE