Sonic The Hedgehog 4 Episode II</Em> emulará as físicas dos Sonic de Mega Drive

martes, 13 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Aínda que faltan bastantes meses para que poidamos ver o segundo episodio do xogo Sonic The Hedgehog 4 para Xbox 360, PlayStation 3 e smartphones (abandonando a plataforma de distribución WiiWare), dende SEGA chegan máis informacións sobre o mesmo, como unha completa galería de imaxes e comentarios do produtor, Takashi Iizuka, quen asegura que non teñen plans de facer máis episodios do xogo de Sonic no futuro, ao que temos que sumar o feito de que dende o primeiro episodio redeseñouse o seu motor gráfico atendendo ás suxestións dos usuarios (que percibíano como anti-natural) de aí que decidiron que se aproximase aos xogos orixinais de Sonic para Mega Drive, polo que poderiamos estar ante unha nova aventura máis auténtica.

O motor gráfico do novo episodio procurará emular as físicas dos Sonic de Mega Drive

PUBLICIDADE