Sonic Colours sairá o 12 de novembro

venres, 6 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Aínda que os máis fieis seguidores do ourizo azul de SEGA preferirán o xogo descargable por capítulos Sonic 4, para un público máis xeral chegará o 12 de novembro en versións de Wii e Nintendo DS o prometedor Sonic Colours, que contará cun control clásico combinando desprazamento lateral con avance tridimensional a toda velocidade ao estilo do decepcionante Sonic Unleashed, xogo do que deberon aprender dos erros, de xeito que agora poderiamos estar ante un título moi divertido, que nalgunhas tendas poderá adquirirse cun gorro de ourizo, e do que finalmente podemos ver as súas portadas e un novo trailer no que o xogo sae en acción:

JPEG - 365.8 KB
A portada para a versión de Wii de Sonic Colours

PUBLICIDADE