Sombras de Mordor leva á Terra-Media aos xogadores de PC, PS4 e Xbox One
venres, 3 de outubro do 2014
Inspirándose no universo de J.R.R. Tolkien chegou esta
semana ás tendas La Tierra-Media: Sombras de Mordor,
un videoxogo de rol en terceira persoa desenvolvido para Monolith Productions,
que a primeiros de semana
estreouse para PC, e que hoxe mesmo chegou a PlayStation 4 e Xbox One (as
versións para Xbox 360 e PS3 están previstas para o 20 de novembro) conseguindo
unha magnÃfica acollida, de xeito que a prensa especializada xa o considera
como o tapado do ano, chegando a
compararse coa serie Batman Arkham,
aÃnda que levada a unha ambientación moi diferente.
No xogo adóptase o papel de Talion, un explorador que volve á vida grazas ao
espÃrito da vinganza para destruÃr aos que asasinaron á súa familia, nunha
aventura na que irá descubrindo os segredos do espÃrito que o impulsa,
aprenderá sobre as orixes dos aneis de poder e enfrontarase a o seu derradeiro
inimigo.
Esta historia está ambientada entre O
Hobbit e O Señor dos Aneis, aÃnda
que tomándose certas liberdades que non parecen ser moi respectuosas coa
mitoloxÃa da Terra-Media, aÃnda que non deberÃa de molestar aos amantes da obra
de Tolkien que vexan o xogo como un divertimento que entre os seus elementos
máis destacables ten o Sistema Némesis, que constrúe relacións cos inimigos,
sendo as súas caracterÃsticas moldeada polas accións e decisións que vaia
tomando o xogador, de xeito que cada sesión de xogo será única.
Os elementos que se combinan en Sombras
de Mordor parecen ser suficientes como para que a súa versión para PC
conseguise unha
puntuación de 87 sobre 100 en Metacritic, colocándose como o mellor xogo da
segunda metade do ano.
- O xogo lévanos a percorrer un camiño de vinganza a través da Terra-Media