Snoopy estrea xogo bélico descargable

martes, 1 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Este mércores incorpórase ao Bazar de Xbox LIVE o xogo Snoopy Flying Ace, que non é máis que un título arcade de combates aéreos que sorprende por contar coma protagonista co personaxe máis carismático creado por Charles Schultz e que permitirá o xogo en rede para ata 16 xogadores simultáneos.
Este novo título venderase por 800 puntos (9,6 euros) e pese á súa premisa bélica, ten moitos puntos en común con xogos coma Mario Kart, con 9 modos de xogo distintos (dende combates ata rugby aéreo), a posibilidade de manexar a calquera dos 12 membros da banda de Charlie Brown (protagonistas da tira cómica Peanuts), 10 campos de batalla, 15 enxeñosas armas e un sistema de control moi sinxelo.


Trailer de Snoopy Flying Ace

PUBLICIDADE