Snap trae as súas lentes con cámara a Europa

venres, 2 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Un dos produtos máis curiosos dos últimos meses foron as lentes con cámara para Snapchat, as Spectacles, que destacaban pola súa divertida proposta que convidaba a rexistrar en primeira persoa accións que queiran compartirse a través de Snapchat cunha peculiaridade: os vídeos rexístranse de xeito circular, o que permite que poidan verse tanto en horizontal como en vertical.
Pero este produto non buscaba unha comercialización masiva, e inicialmente vendíase a través de tendas efémeras nunhas poucas cidades norteamericanas, e non foi posible adquirilas en liña até o pasado mes de febreiro, e agora, tras unha longa espera, chegan finalmente a Europa, aínda que incrementando o seu prezo de 129,99 dólares (115 euros) a 150 euros.
As Spectacles, que poden mercarse en cor negra, coral e turquesa, conseguiron converterse nun produto de moda nos EE.UU., pero parece que o eu bo momento xa pasou, polo que a súa comercialización europea pode ser moi decepcionante, non só porque o produto perdeu o seu pulo inicial, senón tamén porque Snapchat, a plataforma para a que está deseñado, tampouco goza de grande sona a este lado do Atlántico, e Instagram eclipsouna totalmente. Conseguirán as lentes de sol de Snapchat pórse de moda en Europa este verán?

Último vídeo promocional das Spectacles de Snap Inc.

PUBLICIDADE