SmartQ7, un MID chinés con pantalla de 7 polgadas

mércores, 6 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras o anuncio do MID chinés SmartQ5 cunha pantalla de 4,3 polgadas que se vendería por só 899 iuans (98,85 euros), falan agora do que será o SmartQ7, que é unha Internet Tablet cunha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, que funciona con Linux, conta con conectividade Wi-Fi e USB 2.0 (o que permitiría a conexión de teclados, ratos, memorias Flash e outros dispositivos) que sorprende porque a súa batería de 4.500 mAh promete ser capaz de permitir a reprodución musical no trebello durante 48 horas seguidas.
O SmartQ7 tamén inclúe altofalantes, conector para auriculares/saída de televisión e a posibilidade de colocalo sobre a mesa coma se fose un monitor (para a visualización de vídeos ou para o seu uso con teclado e rato externos). Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o seu prezo, aínda que atendendo ao prezo do SmartQ5 poderiamos supor que será bastante económico, aínda que posiblemente só chegue ao mercado europeo a través da importación.

JPEG - 20.3 KB
O trebello pode colocarse sobre unha mesa coma se fose un monitor

PUBLICIDADE