SmartQ5, o MID chinés de 100 euros
venres, 20 de marzo do 2009
AÃnda que os MID
(dispositivos intermedios entre PDA e ultraportátil) estean en decadencia, SmartDevices
continúa a desenvolver produtos desta familia, resultando especialmente
rechamante o SmartQ 5, pois este trebello cunha pantalla táctil de 4,3
polgadas, unha resolución de 800 x 480 pÃxeles, un procesador ARM, conectividade
Bluetooth e Wi-Fi e unha versión de Ubuntu Linux está
á venda en China por só 899 iuans (100,45 euros).
Con prezos tan atractivos serÃa posible que uns trebellos en perigo de
extinción (en boa medida polo incremento de potencia dos teléfonos
intelixentes, e polo éxito dos ultraportátiles de baixo custo) atopen un oco no
mercado, pois resultan moi útiles para acceder á Rede, ler libros electrónicos
ou visualizar imaxes, xa que o tamaño da súa pantalla e a súa resolución
permiten unha experiencia de uso que supera en moitos aspectos a terminais de
grande éxito coma o iPhone.