SmartPEME pecha novembro cun novo obradoiro sobre Inboud Marketing

luns, 28 de novembro do 2022 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na súa carteira de obradoiros formativos transformadores. Tratará o tema do Inboud Marketing, unha metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas de mercadotecnia e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cun usuario dende que coñece a nosa marca, acompañándoo ata a conversión ou venda final.
Será este martes 29 de novembro, ás 12 da mañá, impartida por Jose Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de vinte anos de experiencia. O obradoiro Introdución ao Inboud Marketing II dará a coñecer a importancia do funil de conversión, 5 pasos para realizar unha campaña seguindo este tipo de metodoloxías de mercadotecnia innovadora e avanzada.

PUBLICIDADE