SmartPEME achega novos obradoiros sobre recursos maker, de mercadotecnia e de ciberseguridade
luns, 23 de maio do 2022
A
Deputación
de Pontevedra, a través da rede de formación tecnolóxica
SmartPEME, oferta esta semana cinco novas accións formativas mixtas
impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa
carteira de obradoiros para persoas autónomas, empresas e
profesionais. As accións tratarán temas como a fabricación dixital
con debuxo 3D e con filamento, a plataforma turística TripAdvisor,
Google Analytics e a ciberdelincuencia na Internet.
Este
martes 24 e o xoves 26 Manuel Freire, experto universitario en
Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de
dirixir os obradoiros de fabricación dixital. O primeiro,
Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape III – Partstudio,
complementará as formacións das semanas anteriores sobre a
utilización deste software 3D; o segundo, Fabricación dixital.
Laminador Cura I dará a coñecer as tecnoloxías implicadas no
proceso de fabricación dixital deseñando pezas en 3D. Ambos
talleres constan de 50 horas de duración e inclúense no novo
formato mixto, que combina formación en liña (30 horas) e prácticas
presenciais no Fab Lab (20 horas) do Centro Provincial de Economía
Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.
O
martes, as 17 horas e de xeito telemático, Sonia Torres, técnica de
Empresas e Actividades Turísticas por la Universidades da Coruña,
falará sobre TripAdvisor. A plataforma perfecta para a túa
empresa turística. Nesta cita mostraranse as posibilidades dunha
ferramenta “cada vez mais personalizada e social que permite aos
viaxeiros compartir información e así mellorar a reputación das
empresas turísticas repercutindo no volume de ventas”, segundo
explica a Deputación de Pontevedra.
O
mércores 25, o taller Primeiros pasos con Google Analytics 4
realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental
para calquera sitio web. Porá de manifesto as diferenzas coa actual
versión da aplicación e como configurala para comezar a sacarlle
partido. A encargada de impartir esta acción formativa é Esther
Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, que conta con máis
de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de
proxectos web.
O
derradeiro dos obradoiros da semana será o xoves 26 as 17:00 horas.
Na mente do ciberdelincuente, protección ante estafas en Internet
é unha acción de colaboración entre o Nodo Galego de
Ciberseguridade e o Centro Tecnolóxico Gradiant, que será a
encargada de impartilo. Celebrarase de xeito presencial na sala de
actos do segundo andar da sede da Deputación de Pontevedra.