Smart Covers, unha nova aplicación móbil galega para consultar as portadas da prensa
martes, 25 de febreiro do 2014
Achegarse
ao quiosco para revisar as portadas dos xornais era tradicionalmente un bo
xeito de tomarlle o pulso á actualidade diaria, como aÃnda fan en distintos
informativos televisivos, pero a tecnoloxÃa actual pode evitarnos o paseo xa
que esta práctica pode realizarse a través, non só do ordenador, senón tamén de
dispositivos móbiles, grazas a aplicacións como Smart
Covers, de Smart GalApps, que
permite consultar as portadas dos xornais máis lidos de todo o mundo dende
móbiles e tablets con Android.
Esta nova ferramenta de balde permite a consulta doada dos diarios editados na
nosa proximidade (grazas á xeolocalización), axiliza a consulta das portadas
que máis adoitamos ver (podemos engadilos a unha relación de favoritos),
facilita gardar e compartir as portadas máis interesantes, amosa os distintos
xornais de todo o mundo sobre un mapa para axudarnos a descubrir as diferentes
publicacións e incluso conta con ligazóns ás páxinas web dos xornais. Os contidos desta aplicación proveñen da páxina web Kiosko.net.
Esta é só unha das moitas aplicacións que Smart GalApps achega de balde para
dispositivos con Android, como Smart
Weather, TradutorGalego
e ConxuGalego;
destacando tamén o feito de unha das súas ferramentas mellor recibidas, Imos?,
é de pagamento (custa 0,89 euros), aÃnda que é moito máis ambiciosa a última
proposta deste estudio de desenvolvemento de aplicacións, que consiste nun servizo orientado
á promoción de establecementos a través do móbil.
- Smart Covers pode empregarse tanto en móbiles como en tablets con Android