SingStar: Miliki podería chegar ás tendas no Nadal
luns, 21 de setembro do 2009
O programa de
radio Blade FM sorprendeu
esta fin de semana descubrindo na tenda
en liña Shine Star o que parece ser un videoxogo totalmente
inesperado, que respondería ao nome de SingStar:
Miliki, ou sexa, que Emilio Miliki Aragón Bermúdez levaría os seus discos
con cancións infantís do CD á PlayStation 2 nun xogo de karaoke que sairá o 16
de decembro por 29,99 euros.
Este título podería ser unha adaptación do disco A mis niños de 40 años, que editara Miliki para o Nadal de 2008 e
que recollía temas clásicos coma Había
una vez un circo, La gallina Turuleca,
Feliz en tu día e Susanita, xunto coas cancións nas que
interpretaba as táboas de multiplicar para axudar aos cativos a aprender
divertíndose.