SingStar Dance chega ás tendas

xoves, 11 de novembro do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 149.4 KB
Durante o Gamefest puido probarse o SingStar Dance

Os seareiros da saga SingStar xa non teñen que agardar máis para ver a renovación da popular franquía de xogos de karaoke, que hoxe estrea a súa renovación, o SingStar Dance, que chega por un prezo estimado de 29,99 euros e que promete ser o primeiro videoxogo que permite cantar e bailar, pois aparte dos clásicos micrófonos, tamén fará uso de PlayStation Move para rexistrar os movementos de baile dos xogadores.
Agora non chegará con saber as letras das cancións para acadar boas puntuacións, senón que tamén haberá que seguir con ritmo as súas coreografías, aínda que tamén é posible repartir o xogo entre 4 xogadores (2 con micrófono e 2 con PlayStation Move).
O xogo chega con 29 cancións incluídas, ás que pode sumarse o inmenso catálogo de temas descargables da SingStore, que paulatinamente adaptaranse para o SingStar Dance, de xeito que os usuarios que xa mercasen algunha canción poderán actualizala á súa versión bailable por 0,50 euros.
Concretamente o catálogo musical do xogo sería o seguinte:
- Amaia Montero - 4"
- Amaral - Marta, Sebas, Guille y los demás
- Backstreet Boys - Everybody
- Bustamante - Abrázame muy fuerte
- Chayanne - Torero
- David Bisbal - Esclavo de sus besos
- Dover - Let me out
- Efecto mariposa - Por quererte
- El canto del loco - Eres tonto
- Gloria Gaynor - I Will Survive
- Gwen Stefani - What You Waiting For?
- Julieta Venegas - Lento
- La oreja de Van Gogh - Pop
- Lady Gaga - Poker Face
- Macaco - Tengo
- Maldita Nerea - Cosas que suenan a...
- Malú - Toda
- Melendi - Como una vela
- Miguel Bosé - Don Diablo
- Mónica Naranjo - Pantera en libertad
- Nena Daconte - Ay! Amor
- Pastora - Lola
- Paulina Rubio - Causa y efecto
- Pignoise - Todo me da igual
- Pitbull - I Know You Want Me
- Real to Reel - I Like To Move It
- Ricky Martin - Livin’ la Vida Loca
- The Black Eyed Peas - Shut Up
- Zenttric - Sólo quiero bailar

JPEG - 125.4 KB
Un par de bailaríns probando o SingStar Dance durante o Gamefest

PUBLICIDADE