Signal estrea videochamadas grupais

mércores, 16 de decembro do 2020 Marcus Fernández

A plataforma de comunicación persoal cifrada de punto a punto que moitos consideran como o grande referente, Signal, da que provén o protocolo de cifrado de WhatsApp, está a recibir unha agardada funcionalidade, moi acorde aos tempos que corren: as chamadas de grupo cifradas.
Deste xeito, os usuarios de Signal xa poden facer videoconferencias con até 4 usuarios máis de xeito simultáneo, podendo optar por dous modos de visualización: a pantalla dividida nunha grella con todos os participantes ou coa persoa que está a falar en cada momento a pantalla completa e o resto a tamaño pequeno na parte inferior da pantalla.
Actualmente a limitación das videochamadas grupais de Signal está en 5 participantes, pero pretende ampliar o volume de participantes no futuro.

PUBLICIDADE