Siemens presenta un disco duro multimedia con TDT de alta definición

xoves, 1 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A gama de produtos Gigaset de Siemens, que facilita a recepción da TDT no fogar, tamén chega aos discos duros multimedia, e o novo Gigaset HD790 T é un dispositivo deste tipo de reproduce os formatos de vídeo máis populares (AVI, MKV, TS, TP, TRP, M2TS, MPG, MP4, MOV, M4V, VOB, ISO, IFO, DAT, WMV, ASF, RM, RMVB e FLV), soporta subtítulos (SRT, SMI, SSA, ASS, IDX/SUB e SUB), reproduce audio en MP3, OGG, WMA, WAV, AAC e FLAC, amosa imaxes en JPEG, BMP, GIF, TIFF e PNG, e integra un sintonizador de TDT de alta definición, o que permite gravar no propio disco duro a programación de televisión, proceso sumamente sinxelo grazas á guía electrónica de programación InOut.
Este disco duro ten unha capacidade de 1 Tb ampliable por USB e porase á venda en novembro por 275 euros. Conta con saída de vídeo HDMI, conectividade Ethernet, opción Wi-Fi e potencia suficiente como para procesar vídeo a 1.080p, polo que supón unha interesante opción para os que queiran gozar do vídeo en alta definición sen ter que acudir aos reprodutores de disco Blu-ray.

PUBLICIDADE