Sharp presenta unha pantalla colaborativa para salas de reunións

mércores, 6 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Aínda que o Surface Hub 2 é un produto moi prometedor, non é a única opción que teñen as empresas para gozar de pantallas para o traballo en grupo baseadas en Windows 10, e no marco do Computex de Taipei están a amosar unha solución de Sharp consistente nunha pantalla Windows Collaboration de 70 polgadas, que estrearía unha nova categoría de produtos para facilitar o aproveitamento de Microsoft 365 e que ofreceranse comercialmente este mesmo ano.
Con Windows Collaboration Displays preténdese ofrecer ferramentas de colaboración que permitan gozar de Office, Teams e Whiteboard a nivel de habitación, ou sexa, que teriamos unha pantalla interactiva para salas de xuntanzas que incluso integra sensores para poder gozar das capacidades de intelixencia espacial de Azure IoT. Esta tecnoloxía facilita que a utilización de datos do contorno para tomar decisións en tempo real.
A solución de Sharp será moito máis económica que a de Microsoft, en boa medida porque non integrará un equipo informático completo como Surface Hub, senón que precisaría dun ordenador para funcionar, o que pode resultar moi práctico en certos escenarios, aínda que teremos que agardar para coñecer a fondo o funcionamento desta prometedora tecnoloxía.

PUBLICIDADE