Sharp lanza un dicionario electrónico con funcións multimedia
mércores, 30 de abril do 2008
Sharp vén de presentar en Corea un curioso
dicionario electrónico que fai á vez de reprodutor multimedia portátil, o RD-CX300,
que cun disco de 30 Gb de capacidade, unha pantalla LCD de 4,3 polgadas,
soporte de vÃdeo en WMV9, MPEG-4 e DivX e de audio MP3 e WMA, sintonizadora de
radio FM, gravadora de voz e teclado, permite a consulta de 82 dicionarios (incluÃndo
inglés, xaponés, chinés, español e coreano). Tamén inclúe 20
audio-libros de regalo e o
seu prezo de venda é de 398.000 wons surcoreanos (254,87 euros).
Este tipo de dispositivo supón unha revolución para os dicionarios, pois non só
permite consultar definicións, senón que achega a pronunciación ao usuario e a
través de distintos contidos audiovisuais se pode converter en toda unha
ferramenta para o estudio de idiomas.