Shadow of the Tomb Raider chega ás tendas
venres, 14 de setembro do 2018
Chegou o momento que os seareiros de Lara Croft estaban agardando:
a derradeira entrega da triloxía de reboot
de Tomb Raider chega finalmente as
tendas, de xeito que xa podemos facernos con Shadow of the
Tomb Raider para Xbox
One, PlayStation
4 e PC.
Esta terceira entrega das novas aventuras de orixe de Lara Croft presenta unha
historia máis escura e violenta, ao ter como obxectivo deter unha apocalipse
maia, para o que haberá que dominar unha selva mortal, superar tumbas
aterradoras e superar momentos moi duros.
Tomarán un rol máis importante os
contornos subacuáticos, xa que haberá que explorar profundos sistemas de túneles.
Á combinación de acción e exploración, unha vez máis sumaráselle a resolución
de quebracabezas, de xeito que podemos asegurar que estamos ante un xogo moi na
liña dos anteriores, que non engade grandes innovacións, pero mantén un nivel técnico
elevado, que nas consolas percibirán especialmente os que conten cunha PS4 Pro
ou unha Xbox One X, xa que este xogo tira proveito do HDR e a resolución 4K.
- Esta entrega mantén as mecánicas das anteriores
- Desta volta, Lara Croft deberá evitar unha apocalipse maia
Tráiler de lanzamento do xogo