Shadow Warrior chegará a PS4 e Xbox One en setembro

martes, 29 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Bandai Namco e Devolver Digital anunciaron hoxe que pecharon un acordo de distribución para achegar o xogo de inspiración retro Shadow Warrior ás consolas de nova xeración PlayStation 4 e Xbox One o vindeiro 26 de setembro. Este xogo que o ano pasado xa se publicara para ordenadores persoais, é un remake dun clásico de 1997, para o que repensouse o seu deseño e modernizáronse as súas mecánicas de combate.
Esta aventura de Lo Wang, un shogun corporativo ao que encargaron facerse cunha espada lendaria, levándoo a unha batalla na que aprende a conexión entre a espada e deuses antigo doutra realidade, levando o mundo ao borde da destrución. Lo Wang deberá combinar armas de foto, espadas e maxia para descubrir a verdade detrás dunha invasión demoníaca e devolver a esas forzas á escuridade.
A versión para consolas de nova xeración de Shadow Warrior inclúe novidades como un modo arena no que enfrontase a vagas de inimigos en tres contornos personalizados, contido totalmente novo do seu modo campaña e novas armas exclusivas: a maza de Serious Sam 3, a katana de Hot Line Miami, a katana Zilla Enterprises Z45 e a clásica katana de Shadow Warrior.


Trailer de Shadow Warrior

PUBLICIDADE